Friday 26 de April de 2024

Fonte Díaz acolle mañá venres o I Encontro Mulleres Maiores Touro, Boqueixón e Vedra


O Concello de Touro acolle mañá, venres (11/03/2022) o I Encontro Mulleres Maiores, impulsado polos concello de Touro, Boqueixón e Vedra. Esta iniciativa, na que participarán mulleres maiores dos tres concellos, terá lugar na Casa da Cultura de Fonte Díaz, Concello de Touro, a partir das 11.30 horas. Está prevista unha mesa redonda, intercambio de experiencias e reflexións sobre as inquedanzas das mulleres maiores. A actividade enmárcase na semana do 8M, e ademáis dos Concellos de Touro, Vedra e Boqueixón, tamén conta co apoio da Consellería de Emprego e Igualdade e co Ministerio de Igualdad. No I Encontro Mulleres Maiores tamén participa Anacos Proxectos Socioeducativos.